¿Como lle falo "diso? Anpa CRP Sán José
Onte foi un día moi especial para min, impartín a actividade "Como lle falo diso?" no meu cole, onde cursei parbulitos e o que se chamaba EGB, CPR Plurilingüe San José GOA Pontedeume. Foi moi emocionante, había moitas cousas que seguían igual e viñéronseme moitos recordos. Moitas grazas ao Anpa Cpr San José polo esforzo organizativo e o cariño co que me acolleron. O que eran dúas horas acabaron en tres e ninguén quería marchar.