top of page

I Feira Feminista de Outono en Ribadeo


Encantada de participar nestas marabillosas xornadas tan ben organizadas polo Observatorio da Mariña pola Igualdade en Ribadeo (Lugo).

Tiven o inmenso privilexio de impartir o obradoiro "Quererme ben para querer mellor" sobre autocoñecemento e sexualidade, de 16:00 a 17:30, para mozas de entre 14 e 18 anos, a maioría delas pertencentes ao Comité Lila. O Comité Lila é un grupo organizado por Teresa González Piñeiroa no IES Ribadeo Dionisio Gamallo, está formado por mozxs do IES que se xuntan para pensar crítica e colectivamente en lila e promover accións que fomenten a igualdade, o bo trato e que como din nos fagan máis libres. Moitos centros educativos deberían tomar nota desta iniciativa, porque isto é auténtico motor de cambio.

As 19:30 cun auditorio cheo, presentei o relatorio "O clítoris en 3D" onde fago un percorrido pola historia deste órgano, como foi deliberadamente agochado e invisibilizado, e como na actualidade segue sendo descoñecido e non se amosa nos libros de texto

Como dixo o 19 de outubro no Parlamento Europeo a activista guatemalteca Lolita Chávez "Coñecer o clítoris é profundamente político e estratéxico".

Case nove meses fai da primeira charla sobre o clítoris na Nerd Nite SCQ e canto máis fago esta charla máis convencida estou de que teño que seguir poñendo todo o meu esforzo para que non quede niguén en Galicia que non coñeza o clítoris.

O feedback recibido por parte do público foi inmellorable e tamén tivo unha gran repercusión en prensa.

O panel de actividades da I Feira Feminista de Outono de Ribadeo foi impresionante, pregón feminista da realizadora e actriz Sonia Méndez, concertos, versos e regueifas feministas, curtas feministas, compañeiras de divesos eidos presentando proxectos feministas brillantes en Galicia, verbena feminista. Unha pasada o que organizou o Observatorio da Mariña pola Igualdade, un evento sen precedentes en Galicia, que espero sexa o primeiro de moitos.

Entradas recientes
Buscar por tags
bottom of page