top of page

Informar na Diversidade - Pinto e Maragota


Intenso e interesante debate no que tiven o pracer de participar onte. Todo nos acaba levando a necesidade de educación sexual para todes e as dificultades e oposicións para que iso sexa real. Mentres tanto iremos facendo o que podemos tratando de concienciar e mellorar.

Magnífica a labor que está a desenvolver a equipa de Pinto e Maragota coa organización destos "Faladoiros Diversos".

[...] Onte a información mediática e o tratamento da diversidade sexual foi o tema que centrou o terceiro faladoiro de Pinto de Maragota deste mes de xuño. A sexóloga Martina González Veiga e os xornalistas Chus Gómez Dorrego do Diario de Pontevedra, Maria Hermida de La Voz de Galicia, Susana Regueiro do Faro de Vigo e Alejandro Espiño de PontevedraViva.com coincidiron no avance social que se producira nos últimos anos pero tamén na necesidade de aumentar a formación dos traballadores e traballadoras dos medios para informar con veracidade e respecto sobre o colectivo LGTBIQ+. Tamén participou no debate a nova concelleira de Iguadade, Paloma Castro.[...] Pinto e Maragota.

Entradas recientes
Buscar por tags
bottom of page