Reflexionando sobre o porno no Sermos Galiza

April 4, 2019

No meu traballo de final de máster de sexoloxía alá polo 2010, xa reflexionaba sobre si outro porno era posible, si existía e cal era o papel da muller nel. Foi en outubro dese mesmo ano cando me chamaron para presentar as conclusións do meu traballo no Congreso Nacional de Sexoloxía.

 

Para ese traballo tiven a sorte de entrevistar antes da sua a morte a unha pioneira como Candida Royalle ou a unha bastante menos coñecida naquel tempo Erika Lust.

 

Deixo algunhas das reflexión do artigo, pero o mellor e facerse cun exemplar para leelo enteiro, e tamén poder leer as aportacións de Luz Darriba e Carme Adán.

 

[...] Ë máis doado botarlle a culpa ao porno que traballarnos a nós para ofrecer unha educación sexual de calidade.

Penso que realmente o que nos incomoda do porno "mainstream" heterosexual (que é do único do que se fala cando se critica ao porno), é que é un reflexo espido e cru do sistema sexual no que nos desenvolvemos. A educación sexual que temos é sexista, violenta, discriminatoria e anti pracer. O porno pon imaxes adultas a un discurso e a un proceso de socialización e erotización de maltrato máis sutil, que se da dende a infancia. [...]

 

[...] Outra cousa que se lle achaca ao porno son as prácticas violentas que reproduce a xente nova. Eu que vexo acotío en consulta a mulleres que practican o coito por amor e sen ganas coas súas parellas, porque é o que se ensina que hai que facer, teño claro que a violencia non está nas prácticas poor extremas que parezan, senón no desexo, na comunicación e na ética nas relacións das personas que as practican. É máis violento que che toquen os xenitais cando non queres, que que che azouten porque o desexas e te erotiza {...]

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Buscar por tags

Contacta Conmigo

Sígueme en las Redes

Plaza Roja, 7 1º 15701 Santiago de Compostela

Teléfono y Whatsapp: 676 64 99 30

cmgterapia@conmuchogustosexologia.com

O a través del siguiente formulario:

  • Facebook - Black Circle
  • Twitter - Black Circle
  • Google+ - Black Circle
  • YouTube - Black Circle

© 2016 by ISHAI BRAVO