I Feira Feminista de Outono en Ribadeo

October 28, 2017

 

Encantada de participar nestas marabillosas xornadas tan ben organizadas polo Observatorio da Mariña pola Igualdade en Ribadeo (Lugo).

 

Tiven o inmenso privilexio de impartir o obradoiro "Quererme ben para querer mellor" sobre autocoñecemento e sexualidade,  de 16:00 a 17:30, para mozas de entre 14 e 18 anos, a maioría delas pertencentes ao Comité Lila. O Comité Lila é un grupo organizado por Teresa González Piñeiroa no IES Ribadeo Dionisio Gamallo, está formado por mozxs do IES que se xuntan para pensar crítica e colectivamente en lila e promover accións que fomenten a igualdade, o bo trato e que como din nos fagan máis libres. Moitos centros educativos deberían tomar nota desta iniciativa, porque isto é auténtico motor de cambio.  

 

As 19:30 cun auditorio cheo, presentei o relatorio "O clítoris en 3D" onde fago un percorrido pola historia deste órgano, como foi deliberadamente agochado e invisibilizado, e como na actualidade segue sendo descoñecido e non se amosa nos libros de texto


Como dixo o 19 de outubro no Parlamento Europeo a activista guatemalteca Lolita Chávez "Coñecer o clítoris é profundamente político e estratéxico". 

 

 

Case nove meses fai da primeira charla sobre o clítoris na Nerd Nite SCQ e canto máis fago esta charla máis convencida estou de que teño que seguir poñendo todo o meu esforzo para que non quede niguén en Galicia que non coñeza o clítoris.

 

O feedback recibido por parte do público foi inmellorable e tamén tivo unha gran repercusión en prensa.

 

O panel de actividades da I Feira Feminista de Outono de Ribadeo foi impresionante, pregón feminista da realizadora e actriz Sonia Méndez, concertos, versos e regueifas feministas, curtas feministas, compañeiras de divesos eidos presentando proxectos feministas brillantes en Galicia, verbena feminista. Unha pasada o que organizou o Observatorio da Mariña pola Igualdade, un evento sen precedentes en Galicia, que espero sexa o primeiro de moitos. 

 

 

 

 

- Entrevista jueves 26 de octubre A Mariña

 

- Entrevista jueves 26 de octubre El Progreso

 

- Entrevista sábado 28 de octubre La Voz de     Galicia

 

- Reportaje miércoles 27 de octubre La Voz de Galicia

 

- Reportaje domingo 29 de octubre La Voz de Galicia

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Buscar por tags

Contacta Conmigo

Sígueme en las Redes

Plaza Roja, 7 1º 15701 Santiago de Compostela

Teléfono y Whatsapp: 676 64 99 30

cmgterapia@conmuchogustosexologia.com

O a través del siguiente formulario:

  • Facebook - Black Circle
  • Twitter - Black Circle
  • Google+ - Black Circle
  • YouTube - Black Circle

© 2016 by ISHAI BRAVO